mércores, 29 de abril de 2020

VENRES, 1/05/2020

Bos  días. Chegou o venres. E con él , as ras de Xiana. Mirade que pillina que se quere marchar de troula. E sabedes a onde? Pois en busca dun nenúfar ( esa planta acuática que medra en lagos e charcas e que ten as raíces agarradas no fondo ), que tanto lles gosta, para descansar nelas.
 Imos axudarlle logo, a chegar a folla do nenúfar, seguindo por este difícil laberinto.







Recordamos o número cinco, asociando número a cantidade esta vez. Teremos que recortar aqueles obxectos ou debuxos que teñen 5 elementos (a xoaniña, o verme, o plato con ovos e a ficha dos cinco puntos) e pegalos nos cadrados dentro do número.
Cántos debuxos pegaches? Cántos che faltan para chegar a 5?. Fai a suma: 4+1=5.
Agora escribe tódolos números que poidas, por orden e por detrás da túa ficha.
Tócanos outra folla do  noso conto....que non quería....

E despois de tanto traballar, toca troulear.



XOVES,30/04/2020

Bos días a todos e todas. Qué tal esas raniñas que tedes nas vosas casas? Carmen, Iago, Brais, Xiana...xa lles dechedes o almorzo?. Hoxe, ímosvos axudar tódolos nenos e nenas a darlles de comer. Ahí vos vai o traballiño para que poidades facelo:
 Xa sabedes que comen insectos ( formigas, moscas, mosquitos...), polo tanto, teredes que recortalos, a grosso modo, e repartilos todos para que estas cinco ras poidan almorzar hoxe.
Ímolos pegando no primeiro recadro, e no seguinte teredes que escribir o número de insectos que lle déchedes a cada ra.
Que ledas se van poñer cando vexan todos estes insectos que lle ides a dar. Menudo banquete lles espera.


Deíxovos  outra folla do noso conto.....que non quería ser contado.Gardádeas todas xuntiñas para logo compoñelo.



Temos que facer a nosa casa. Aquí vos deixo a plantilla para recortar formas xeométricas e pegar onde corresponde. Coloreaá ben guapa.
 E agora, queredes  facer un pouco de exercicio físico?. A bailar.
Un ratiño con Pocoyó, que tanto vos gosta.
Vémolo en inglés.



martes, 28 de abril de 2020

Mércores,29/04/2020

Buenos días, cómo estamos hoxe?
Comezamos, e facémolo xogando, xa que onte traballamos moito. Pinchade no enlace para xogar.
XOGOS INFANTIL.
 En este traballiño, propóñovos que escriban os nenos/as os números nunha folla, e logo que os recorten e peguen onde corresponde según o número de puntiños que ten cada ra nas súas fichas. Para as ras que teñen dúas fichas,deben facer a suma primeiro ( con regletas, ou fabas...). Sería interesante que antes de facer todo esto, foran poñendo en cada cadrado tantas fabas, por exemplo, como puntiños ten  cada ra.



E agora unha folla máis do noso conto. Escribir as palabras nos espacios dos puntiños e colorear o mandilón de verde (pódense usar distintos tonos de verde, facerlle debuxos, pegatinas....).


Está chegando o "DÍA DA NAI", e , canto a queremos?. Tanto, tanto, que nin nós sabemos canto. Para demostrarllo, ímoslle facer unha TARXETA que seguro lle vai encantar. ( No cole sempre se celebra o día das familias, non do pai nin da nai. Pero este ano está a ser especial, polo que imos a facer unha excepción).


Sería ben que tiverades unha cartolina para doblala a metade. Na cara exterior de fora,na portada, faríamos o seguinte:



En cada pétalo escribirían os nenos/as unha palabra que define a súa mamá: doce, agarimosa,paciente, bondadosa, sufridora, entregada, valiente, graciosa, especial, única, todoterreno.... . Creo que se ve ben na foto a idea.( A flor é doble, van dúas, unha encima da outra). Iría colocada no outro sentido , de forma vertical ( non horizontal como está aquí na foto)
E dentro da tarxeta, faríamos a man do neno/a a modo de planta chea d preciosas flores. Vémolo:
Serían os nenos/as os que escribirían tódalas palabras. É unha excusa estupenda para traballar a lectura e a escritura.



Aquí vos deixo posibles plantillas. Haber si acertei cos tamaños.

E AGORA, A DESCANSAR E XOGAR MOITO. BIQUIÑOS.

luns, 27 de abril de 2020

MARTES,28/04/2020

Bos días familias. Comezamos un novo día.
SALAMANDRA DE GAUDÍ. Hoxe queremos ver un pouco de historia. Acaba de ser o día do libro, e todos vimos na tv esa tradición de Cataluña de regalar un libro e unha rosa. Según conta a lenda, foi Sant Jordi quen matou o dragón para salvar a Princesa que estaba no castelo, un 23 de Abril. É así como para os cataláns este día,ademáis do Día do Libro está considerado como o Día dos Namorados ( o chamaron o Día de Sant Jordi), por este feito. Mirade o enlace pinchando arriba ( en donde pon SALAMANDRA DE GAUDÍ).
Este dragón ( ou salamandra) andivo visitando monumentos. E parou nalgunhos, feitos por este famoso arquitecto catalán. Vemos un exemplo:
Vemos ahora esta casa despaciño. Veredes que maravilla. A casa Batlló, en donde se representou precisamente esta escena na que,montado no seu cabalo (oíchedes o trote ) e loitando con espadas ( clavou unha o Dragón e ese sangue do dragón converteuse en preciosas rosas), salvou a Princesa.
Gaudí tamén fixo a Sagrada Famila ( esa catedral tan magnífica que ten Barcelona), e o Parque Güell.
Vemos os "Lunnis de Leyenda". Haber que vos parece.

 Agora o mesmo, pero cantado; pola nosa Lucrecia.

Vos dín un montón de voltas, verdade? para chegar a onde quería. Ahí sí, ó parque Güell. Ahí atópase a nosa salamandra, que imos facer hoxe. Será un imán para a neveira.

Este é un exemplo de como o fixeron outros nenos/as. Deixovos as plantillas.
O que temos que facer NON é un collage, senón empregar a técnica TRENCADÍS, como fixo Gaudí. Fai unhos días  falamos xa de ela.
Propóñovos que corten cachiños pequeniños de revistas buscando as cores que nos interesen, e logo nun cartón ( non moi groso para que vos sexa doado de recortar), que sexa un pouco máis grande co tamaño da ra ou da salamandra ( elixide o que máis vos guste) imos pegando os cachiños d maneira que nunca se acabalguen unhos encima dos outros;debe quedar un minúsculo espacio entre todos eles. Como un mosaico.
Cando xa teñamos o cartón todo cuberto de esta forma, recortamos a silueta do noso animal e poñémola encima do noso traballo para repasala con un rotulador e logo xa a recortamos. E si tedes un imán de calquera cousa pola casa, pegádelo por detrás, e listo. A pegalo a neveira.
Aquí vos deixo outra folliña do conto ( que non quería ser contado). Escribir esas dúas palabras e debuxar co lápiz os seus compañeiros/as da clase e poñerlles o nome debaixo.
Nada máis. A xogar con papá e mamá. Biquiños






domingo, 26 de abril de 2020

LUNS, 27/04/2020

Bos días, un día máis.
 Estamos a luns e, queremos pintar. Vemos un enlace con clase online. E atentos que despois o teremos que facer nós. Vai dirixido os nenos/as pero sobre todo os papás e mamás, xa que nos dará unha orientación de como facer esta segunda parte dos Xardíns da casa de Monet, en  Giverny (Francia).
Os xardíns da casa de Monet ( que tantas veces recreou nas suas pinturas), están divididos en dúas partes: o xardín acuático con esa preciosa ponte que xa fixechedes o pasado mércores; e o xardín principal, con moitas e coloridas flores. Imos quedar hoxe no estanque e nos seus nenúfares. OS NENÚFARES DE MONET
Pinchade no enlace e veredes que ben.

Agora , tócanos a nós traballar. Explícovos:
Imos a buscar un cartón grande pola casa, ou un saco de papel, ou calquera cousa que boamente poidades.( Tamén valería un folio). Teríamos que pintalo como nos dí no video( agora que xa sabemos que empregamos o branco para aclarar as cores e o negro para oscurecelas), e logo facer os nenúfares.Teredes que facer tantos, como vogais hai, e dicir, 5 nenúfares (PORQUE É PARA FACER UN XOGO). As flores dos nenúfares non as tedes que facer, solo as follas ( recordade: que recorten os nenos/as os círculos e lles quitan un anaco, previamente pintados).
Unha vez seca a nosa obra, pegaremos estas follas dos nenúfares( que cada unha terá unha vocal escrita en grande e en letra maiúscula) esparcidas poloestanque de Monet. E  temos así xa o  noso taboleiro de xogo.
Agora, temos que facer unhas tarxetas, nas que os nenos/as coa nosa axuda escribirán palabras  dunha sola sílaba: RA/PAN/SOL/LUZ/CAN/MEL/XIZ(tiza)/PEN/TREN/GOL/MIL/VOZ/MAR/COL/COZ/CAL/CLAN/SAL/GRIS/TRES/FÉ/SIL/TÉ/TÚ/MES/MAX/MIX/CRUZ/PAZ/PEZ.... e todas aquelas que se vos ocorran. E xa temos o xogo preparado.
Cómo xogamos?

  • Colocamos as tarxetas cos nomes boca abaixo ( que non se vexan as palabras). O neno/a terá que elixir unha tarxeta e o adulto leeralle a palabra sin que a vexa e intentando pronunciar con forza a vocal que ten esa palabra, de xeito que terá que adiviñar que vocal vai nesa palabra e colócala no seu sitio no taboleiro dos nenúfares. Por exemplo: sacou a tarxeta ca palabra CAN; decímoslla nós pronunciando con máis forza a A, e logo a tería que colocar encima da folla do nenúfar que ten a "A".... e así sucesivamente). Se o fai ben gaña un bico e un abrazo de algúen da súa casa ( quen elixa). Se  non acertara, seria él/ela a que tería que dar o bico a quen queira.
  • Outra variante pode ser, que él mesmo/a lea a palabra, diga que vocal ten e a coloque onde corresponda.
  • Tamén,unha vez xa dominadas as palabras de unha soa sílaba, pódese facer con palabras de dúas sílabas, axudándolle a ver cal é a vocal que pronunciamos con máis forza. GATO/COCHO/VACA/TARA/DINA/SINA/CARMEN/BRAIS/BADER/INSAF/HIBA/INÉS/ANA/LOLI....


E XA ESTÁ BEN DE TRABALLAR, IMOS A BAILAR.









PppP

xoves, 23 de abril de 2020

Venres 24 de Abril 2020


Así empezamos hoxe, a ritmo de poesía. Bos días a tod@s.Despois de recitarlles  varias veces esta poesía os vosos nenos e  nenas,  e explicárllela un pouquiño ( que sempre hai que darlles a todos/as a oportunidade  de ser amigos/as nosos. Quen nos ía dicir que a serpe e as ras podían chegar a ser amigas cando sabemos  que  as serpes comen ras), propóñovos o seguinte traballo:




Debemos facer dúas ras- como nos dí a poesía- como vos indico na seguinte foto, logo pegarémolas na ficha  de arriba o lado da poesía  ( pegamos a cabeza, e o corpo o debuxan os nenos/as como se indica). E logo debuxaremos tamén unha serpe ben guapa para que xoguen as tres xuntiñas. Coloreamos as letras do Titulo (O VALOR DA AMIZADE), e xa solo nos queda escribir debaixo de cada animaliño, o seu nome(RA/SERPE).

E agora facemos outra folla do noso conto  sobre o coronavirus (O CONTO QUE NON QUERÍA SER CONTADO), que comezamos onte. Lembrades?. Imos ver.

Na parte de arriba da ficha deben debuxar varios virus ( como os vedes na tele tódolos días), e nos puntiños deben escribir as palabras que están postas debaixo en miniatura.

Vemos agora un " dito popular" que seguro a máis de un/unha lle aliviou as bágoas en máis de unha ocasión:


                                  A BAILAR

EN ESPAÑOL E MÁIS EN INGLÉS. Have a nice day. Bonito día familias.


Un enlace a un conto que nos axuda a explicar os nenos/as o desconfinamento de este Domingo. Espero que vos sirva. Feliz fín de semana.
CUENTO DESCONFINAMENTO .















mércores, 22 de abril de 2020

XOVES, 23 DE ABRIL DO 2020

Bos días. Hoxe é un día moi especial. Adiviñades que pode ser? Sí, Sí. O DÍA MUNDIAL DO LIBRO.
Un día perfecto para que todos e cada un dos nenos e nenas do grupo de 4 anos, nos conten un contiño o longo do día para que o poidamos escoitar e deleitarnos coa sua maxia de trasladarnos a mundos incribles a través de aventuras sin fín.

Propóñovos dúas tarefas para conmemorar o día de hoxe:
Unha é escoitar este videoconto no que veredes que non ten texto. Escoitamos atentos a contacontos e haber quen é capaz de adiviñar a onde van todos.
Ben, xa adiviñáchedes a onde vai vai todo o mundo? Sí, sí. O baño.

Cómo segunda tarefa que vos propoño é, facer un conto. Hoxe é o mellor día para o comezo dunha historia baseada no principal e máis preocupante tema que na actualidade nos preocupa. Quizáis sexa esta unha boa maneira de desmitificalo un pouco. Parécevos?
Titularémolo así: O CONTO QUE NON QUERÍA SER CONTADO.-





Despois de informarnos un pouquiño, imos ca primeira folla do noso conto. Cada día iremos facendo unha de xeito paralelo os traballiños sobre as ras.

Esta é a Portada. Solo temos que colorear cada letra dunha cor diferente. E poñer o noso nome donde se indica.

Solo nos queda para o día de hoxe a música de relaxación que sempre poñemos na clase para estar máis tranquiliños mentras traballamos ou xogamos.
                    
FELIZ DÍA DO LIBRO FAMILIAS.-





MÉRCORES,22 DE ABRIL DO 2020

Bos días. Un día máis, un día menos.
Hoxe imos a traballar o ARTE. Con un pintor francés chamado Claude MONET.
 O famoso cuadro dos " NENÚFARES", unha obra inmensa  que o autor quixo facela a modo de monumento pola  paz o final da guerra. E baseouse no xardín da súa casa para pintala.

Vemos, en primeiro lugar un video que nos pode dar unha idea do que é un museo por dentro, no que hai distintas salas de arte e mesmo lugares adicados os nenos/as para facer talleres ou traballar unha obra en concreto con eles. Tamén  lugares para descansar, como bancos e/ou cafeterías para repoñer forzas, xa que percorrer tantas salas é un traballo algo cansado.Normalmente non deixan tomar fotos, nin comer mentras facemos a visita. E poñen a nosa disposición audioguías, que son como unhos teléfonos que nos van dando información das obras que imos visitando.


Centrámonos agora na sua obra. Vemos unha pequena historia.
Propóñovos reproducir ese xardín, ese estanque que Monet fixo na sua casa e que tantas e tantas veces pintou.
 Unha idea de como podemos pintar  a vosa obra de arte:


Xa que temos témperas na casa, podemos intentar facer algo parecido o que acabamos de ver. Para facer a ponte, podedes usar un cartón ou similar. O que boamente se vos ocorra e podades.

Dado que a Monet lle encantaban as flores ,imos facer este laberinto de flores.


Fixádevos en que a saída está na ra de arriba e tería que chegar a de abaixo saltando de flor en flor e solo nas que teñen o centro amarelo intenso.

E agora a cantar e bailar:










luns, 20 de abril de 2020

MARTES,21 DE ABRIL DO 2020

Bos días a todos e todas. Comezamos hoxe repasando o video de onte, por se alguén non o deu atopado:
Espero que aprenderades moitas cousas ca actividade de onte. Hoxe imos a facer outro xogo co gallo de repasar os números ata o 20. Necesitamos a raniña de papiroflexia que fixéchedes , porque vai a saltar de nenúfar  en nenúfar. Vemos o TABOLEIRO:

Teredes que unir un folio o outro  mediante un fiso, cinta de pintor ou similar que pegaremos por detrás. Se os podedes imprimir en A3 moito mellor; asi terán máis espazo para saltar as nosas ras. Para xogar, teremos que colocar a ra no número 1 e presionala para que dé un salto e os xogadores teñen que adiviñar que número é donde caeu a ra. Si fallara o número tenlle que dar ó adversario tantas fabas ou garabanzos... como indica ese número que non acertou. O gañador será o que máis fabas...acumule nun tempo determinado ( que pode ser durante 15 minutos).Está pensado para 2 xogadores.

Dixemos que iamos repasar os números do 1 ó 20. Xa adiviñachedes cales son os que faltan?.
Haber si somos capaces agora de facer a recta numérica escribíndoos todos, dende o 1 ata o 20.

Agora un traballiño para completar as vocales que faltan nas palabra. Lembrade, só lles dicimos o son.



 Vemos un conto moi curto, contado por unha contacontos. A cousa vai de ras.
A desestresar, cantar e bailar:








domingo, 19 de abril de 2020

LUNS, 20 DE ABRIL DO 2020

Bos días familias. Comenzamos unha nova semana de esperanza, ilusión e aprendizaxe.
Seguimos co noso Proxecto da Ra .  Xa vimos a Brais disfrutando da súa ranita. Seguro que ainda non lle puxo nome. Haber si entre todos e a través do Whatsapp lle axudamos hoxe a bautizala.
Lembrade que tamén ten  moitos máis cágados, e tamén Iago. Imos velos:






OS ANFIBIOS.  Se pinchades  aquí, podedes neste enlace disfrutar dun xogo. Vos leredes as preguntas e os nenos contestan. Mirade o video primeiro. Neste mesmo enlace o tedes máis abaixo do xogo.


Qué tal, gustouvos? Fixámonos agora neste traballiño:


 Xa vimos no video que, as ras, son carnívoras cando xa son adultas. Imos ver quen come a quen. Os depredadores son os animais que comen as ras, e as presas son a comida das ras.  Despois de escribir co lapis o nome de cada animal (por encima da liña sen chegar a tocala), recortamos os rectángulos e pegamos na primeira ficha según corresponda.
Palabras que temos que escribir: SERPE/RAPOSO/PEIXE/FALCÓN/GRILO/CARACOL/FORMIGA/VERME.

 QUE COMEN AS RAS. En este outro enlace (pinchando encima) tedes toda a información que precisades para facer esta tarefa.


Agora, papás e mamás , un traballiño para vós:
Tentaremos facer, seguindo este tutorial, unha ra de PAPIROFLEXIA ( ou Origami).Probade a facela a tamaño grande, e despois unha pequeniña, xa que a imos precisar para un xogo que faremos mañá. É unha ra saltarina ( presionándolle na parte de atrás), moi divertida. Espero as vosas fotos de whatsapp para velas.

Que vos parece se lemos un pouquiño?.
Chegou o momento de disfrutar.
Un xogo no que os nenos e nenas poden recortar tanto os círculos como a silueta dos seus pés ou zapatos. E logo...a deixar voar a imaxinación. ( un  consello: suxeitádeos o chan con cinta de pintor).

Para rematar e volver a calma, vemos este precioso conto pop up, no que se traballan as emocións que tanta falta fai tamén educar. Anna Llenas cóntanos historias para nenos e non tan nenos; historias que ela mesma ilustra.









xoves, 16 de abril de 2020

venres,17 de Abril do 2020

Bos dias, cómo estamos hoxe?. Un día menos nesta loita. Ánimo.
Comezamos este venres coas nosas RANIÑAS. Hoxe imos facer a portada do Proxecto. Deste xeito:
Collemos un folio branco e o pintamos,  de azul e verde ( tdo revolto), con témperas si queredes e pincel; sin mezclar estes dous colores previamente. Pintamos cos dous a vez para que no folio se vexan os dous. Sin medo, que vai quedar perfecto.
Deixámolo secar. E despois collemos o folio, enrrugámolo como si o foramos tirar o lixo. Cando esté ben enrrugado, abrímolo e extendémolo despaciño para que non nos rompa. Xa temos así a charca para as nosas ras. Vemos a idea:

Agora temos que facer as ras. Cómo? Para elo temos que facer círculos nun folio, de distinto tamaño, e non moi grandes para que nos quepan varias ras na nosa charca ( con obxectos que teñades na casa: unha copa, un vaso pequechiño, distintas tapas de distintos envases...). Pintámolos de verde por un lado e de vermello por outro. Recortamos os nosos círculos, doblamos a metade, facemos os olliños como vemos na foto. E para facer a lingua, unha tira de papel que mamá ou papá rizarán coa axuda dunha tesoira. Con 4 ou 5 raniñas pequeñiñas será suficiente.
Na foto vedes que hai unhas herbiñas típicas de zonas húmidas que tamén podedes reproducir. Aquí non vos digo nada, o deixo a imaxinación de cada quen. Si queredes poñer algún nenúfar, é un círculo o que lle quitamos un triángulo  e unha flor blanca encima.
Admítense variantes; facede o que boamente poidades.


Un pouco de lóxica-matemática agora contando algún animaliño que é prato delicioso para as ras.
E por detrás, teredes que escribir os números que faltan. E dicir, escribímolos todos menos os que puxemos por diante, sin mirar. Haber si vos acordadades. Deixádelles un huequiño donde terían que ir  en esa recta numérica. Sería : 1     ________            _____                 78   _____    10.

E AGORA, A BAILAR, CANTAR, RIR E SOÑAR.
    





Un pouco de psicomotricidade, xa que é venres. Boa fín de semana. 

 







mércores, 15 de abril de 2020

Xoves,16 de Abril de 2020

Bos días a todos e todas. Comezamos un novo día virtual. E ímolo facer cas nosas RANIÑAS, comenzando de este xeito o noso pequeno proxecto. Imos, dende a casa de Brais, a ver como medraron os nosos cágados:
 Podemos ver claramente como xa ten as catro patiñas. Primeiro saíronlle as de detrás e despois as de diante.
E xa temos unha raniña formada. Quédalle un pouco de cola que a perderá cando sexa adulta.
Vemos este proceso  máis despacio.
Mirádeo con calma, porque é moi interesante. Seguro que vos xurden algunhas preguntiñas.
 Vemos a revista " MUY INTERESANTE" que temos na Biblioteca do cole, e que é - sí,sí- muy interesante. Mirade pinchando no seguinte enlace.
Curiosidades sobre as ras.

Agora, tócanos traballar un pouquiño. Imos  facer un MINILIBRO DA RA, traballando sumas sinxelas e a vez, algo de escritura tamén:
Tedes que colorear as letras do título do libriño (AMIGAS RAS) e pintar tamén as ras. Debaixo escribide o voso nome. Na segunda parte deste traballo debedes intentar ler a frase e completala poñendo o número de ras que vedes. Despois de pintar a ra de verde, debedes de recortar os rectángulos para ir formando o noso libro pequeniño.

En estas outras duas folliñas do noso conto teremos que, primeiro facer as sumas e completalas, coa axuda das regletas os que poidades.(Senón tamén podedes sumar con fabas por exemplo). Uha vez feitas estas sumas, poñemos o resultado final  na frase. Quedará así( EU VEXO 2 RAS). A frase da segunda parte, vedes que hai que escribir o número 3 e a palabra RAS para completala. AXUDÁDELLES DICÍNDOLLES SOLO O SONIDO DE CADA LETRA.
Completamos o noso minilibro con estas dúas últimas páxinas. Facemos  o mesmo que na anterior. Primeiro a suma e logo completamos a frase: EU TEÑO 4 RAS/ EU TEÑO 5 RAS. Eles esriben co lapis e nós dicímoslles o sonido.
Quén se atreve a decirnos o número total de ras que temos?

Despois de descansar e ter un tempiño de lecer, imos a ler:
Ben, despois de tanto traballar, qué toca?. A bailar.






martes, 14 de abril de 2020

Mércores, 15 de Abril do 2020

Bos días a todos e todas. Hoxe a cousa vai de dentes. Parece ser que a algún neno/a caeulle un dentiño. Eso me dixo onte o Ratiño Pérez que pasou cerquiña da miña ventá. Será verdade? Si é así, imos cantarlle unha canción.


Aproveitando formas xeométricas que todos temos pola casa imos facer con un cartón ( a caixa dos cereais mesmo), o noso ratiño, deste xeito.




Empregando para facer os círculos, por exemplo, unha taza para o corpo,un vaso para a cara, o tapón dunha botella para os ollos.... seguro que vos queda ben chulo se o pintades con pincel. Tamén podedes imprimir a ficha ou facela en paint, para traballar un pouco esta forma xeométrica.
Responde agora: Cantos círculos grandes empregamos para facer o ratiño? E pequenos? E medianos?. Fai una suma para ver cantos che fixeron falta en total . pequenos+ medianos+grandes=    (Emprega as regretas para facela, si as tes).


Aquí vos deixo esta segunda imaxe co gallo de que poidades facer unha caixiña para gardar os vosos dentes cando vos caigan. Deste xeito, o noso ratiño poderá atopalo mellor debaixo da almofada, e se él quere, de paso, deixarnos ahí dentro algunha moeda.                                                                                               
Seguimos traballando con cartón. Solo tedes que debuxar o triángulo de forma doble (  un deles un pouco  máis grande que o outro para que lle quede unha pestana para poder pegalo o outro triángulo). Recortar      dous círculos, e pegar según vedes na foto. Os ollos poden ser lentellas, o nariz un botón e o rabo un cachiño de lá.    A RECORTAR MOITO, AMIGUIÑOS/AS.                                                                                                                                                                                                                                                                                               



Sentados e atentos que vemos un video para repasar esto que estivemos traballando.

Imos agora a cazar tódolos números "0" que atopemos na seguinte ficha, e os repasamos cada un dunha cor diferente. Moi importante que papá ou mamá nos VIXIE A DIRECCIONALIDADE, senón non valerá para nada facer este traballiño.
Cantos atopaches? Escribe o número o lado do unicornio. Lembra escribir por detrás os números, cada un da sua cor.


 E agora, a mover ese esquelete toca. Ánimo. O estades facendo moi ben.




luns, 13 de abril de 2020

Martes, 14 de Abril de 2020

Bos días. Retomamos a rutina virtual.  Ánimo, que cada día é un día menos. Aquí tedes as tarefas do martes. Benvidos a todos e todas e a traballar moito.

Hoxe imos empezar CONTANDO.


                                  LEMBRADE CONTAR TÓDOLOS DÍAS UN POUQUIÑO.

Agora, despois de contar varias veces, vemos este traballiño de colorear tantos animaliños como nos indica o número.
 Imos recortar un pouco, que sei que vos gosta moito.


                           Recortamos a grosso modo e imos pegando segúndo nos indica a ficha.

Descansamos un cachiño, un pequeno aperitivo, xogamos, e despois a ler un cachiño con papá ou mamá.

 Basta xa de traballar. Todos a bailar.


venres, 3 de abril de 2020

Venres, 3/4/2020

Xa que nos están gustando tanto os contos, imos centrarnos hoxe na " animación a lectura" a través da Arte.
Fixámonos para elo, no conto de:" A Cebra Camila".  Vemos un exemplo:
Tres grandes pintores nos que nos imos fixar para vestir  a nosa cebra Camila. Empezamos.
E facémolo con MONDRIAN.
Imos decorarlle a camiseta pintando a "C" de Camila, o estilo deste artista. Deste xeito:

Lembrade que solo emprega  o negro e as cores primarias: vermello, amarelo e azul. E algúns rectángulos deixaos en branco.
Tócalle agora a KANDINSKY. Vexamos:

Pintaremos con témperas,acuarelas,  rotuladores ou ceras un de estes "círculos concéntricos", logo o recortamos e pegámolo na camiseta da nosa cebra Camila:
Vemos algo da súa vida. Non foi doada.Atentos.

E algúns dos seus moitos cadros que pintou.



Xoguemos agora  un anaquiño a atopar o que o video nos dí. Ollade ben. Preparados?



E quédanos JOAN MIRÓ. Este pintor era español; de Cataluña.

Debemos seleccionar unha destas bonitas obras, sinxela, e intentar reproducila na barriguiña da nosa cebra Camila. Podedes usar lápices de cores, témperas, rotuladores, ceras... pintando directamente no debuxo  o fondo da  vosa obra de arte. E os engadidos que van encima de ese fondo, pintados en folio aparte, recortamos e pegamos encima. Qué vos parece? Seguro que queda ben chulo. Deixade voar a imaxinación e que cada quen o faiga como máis lle goste.
Joan Miró, ademáis de pintor, tamén era escultor e ceramista.

MIRADE COMO COBRAN VIDA A SÚAS OBRAS. ABRAIANTE.

Seleccionamos unha de elas para facer un puzle de 6 pezas. Parece moi sinxelo, pero veredes que non o é tanto.
Temos que recortar polas liñas negras d maneira que quede esta obra ( chamada " Diseño tapiz") dividida en en 6 partes máis ou menos cadradas. Logo nun folio aparte deberemos montalas de novo,e cando as teñamos listas ímolas pegando para dar forma o cadro. Que ledo se poñería Miró se vos vira.


Miramos agora este XARDÍN ANIMADO DE MIRÓ. Veredes que maravilla.
Chicos e chicas, animádesvos a facer o voso propio xardín de Primavera, cheo de flores e mil olores?. Ánimo. Espero a que mos ensinedes. Xa estou desexando velos porque sei que van ser chulísimos.

Se ides algunha vez a cidade de  Barcelona, no parque de Joan Miró, o pé de unha gran lagoa artificial, poderedes atopar esta fermosa escultura:

Chamouna: " Muller e paxaro". Foi a sua última obra. Ten 22m de altura e representa unha forma feminina co seu sombreiro, e sobre este, a imaxe dun paxaro. E está recuberta de cachiños de azulexos (trencadís).
IMOS FACER A NOSA PROPIA ESCULTURA.
 Para elo necesitaremos un cartón do rolo de cociña e outro de papel hixiénico. Sobre eles faremos un collage pegando papeliños, ou tamén o podemos pintar cas cores máis habituais de Miró ( vermello, amarelo, verde e azul). E para facer o paxaro do pico,o podemos facer con cartolina, masa de pan, plastilina ou o que se vos ocorra. Ánimo, que logo vai quedar chulísima na vosa estantería.



Animádesvos a dar un paseo con Miró? Eu fíxeno e, encantoume. Preparados, listos...imos!!!!




Outras  ideas. Tomade nota.

                                                                   Pintar pedras.
                       De cerámica. A podedes facer de cartón, traballando formas xeométricas

Vemos unha poesía. Papá ou mamá recítanma.
               Haber agora quen caza máis vogais nela. Primeiro cazamos o "I", logo "U", "A", "E", "O".

AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHOS TRABALLIÑOS MÁIS DA CEBRA CAMILA PARA ESTOS DÍAS DE SEMANA SANTA. Non esquezades repasar os números e escribir e ler palabras de unha e dúas sílabas.



E  para rematar, deixovos unha canción que nos invita o OPTIMISMO. Todos/as a bailar que necesitamos desestresar. FELICES CONFINADAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA. Estades a facer un traballo incríble cos vosos nenos e nenas. Parabéns.