Teredes que unir un folio o outro mediante un fiso, cinta de pintor ou similar que pegaremos por detrás. Se os podedes imprimir en A3 moito mellor; asi terán máis espazo para saltar as nosas ras. Para xogar, teremos que colocar a ra no número 1 e presionala para que dé un salto e os xogadores teñen que adiviñar que número é donde caeu a ra. Si fallara o número tenlle que dar ó adversario tantas fabas ou garabanzos... como indica ese número que non acertou. O gañador será o que máis fabas...acumule nun tempo determinado ( que pode ser durante 15 minutos).Está pensado para 2 xogadores.
Dixemos que iamos repasar os números do 1 ó 20. Xa adiviñachedes cales son os que faltan?.
Haber si somos capaces agora de facer a recta numérica escribíndoos todos, dende o 1 ata o 20.
Agora un traballiño para completar as vocales que faltan nas palabra. Lembrade, só lles dicimos o son.
Vemos un conto moi curto, contado por unha contacontos. A cousa vai de ras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario