mércores, 27 de maio de 2020

MARTES 2 A VENRES 5 DE XUÑO DO 2020

Moi bos días familias.
Vouvos deixar unhas cantas tarefas para toda a semana. Son totalmente voluntarias. Somentes para aqueles nenos/as que lles apeteza facelas.
Aquí teredes que  completar co número correspondente dentro de cada figura xeométrica e repasar co lapis as formas. E lembrade, sempre por detrás escribimos os números, nome e data. Tamén podemos aproveitar esta parte de detrás da ficha para escribir palabras sinxelas ( gato/pan/auga/mamá/sopa...).
E hora tamén de ir recalcando os ordinais. Aquí escribiremos dentro do círculo o lugar que ocupa o rectángulo sombreado ( por exemplo: o de arriba de todo está no 3º lugar..).
Temos que recortar os animais que nos fan falta para completar a serie. Fixédevos, xa que non fan falta todas.
Non esquezades contar cantos porquiños, vacas e patos hai e escribir nestes rectángulos de abaixo o número correspondente.





E agora, a contar velas, escribindo o número que falta, seguindo a orde da recta numérica.







E agora xoguemos as ADIVIÑAS.

O mono Sílabo ensínanos o " S ". Aquí tamén tedes moitas outras letras que podedes ver durante todas estas semanas.


FELIZ SEMANA PARA TODOS E TODAS. ÁNIMO.

luns, 25 de maio de 2020

LUNS, 1 DE XUÑO DO 2020

Bos días, cómo estamos? Empezamos Xuño. Quédannos 3 semanas de curso escolar. Asique, ímolas facer moi livianas, porque sei que estades cansos e moitos de vos tendes tarefas atrasadas. Deste xeito, poderédelas ir remantando sen agobios.
 Vouvos deixar a fotocopia do LAPBOOK  que  nos falta.


Aquí vos deixo a este pillo Mono Sílabo. Esta vez ensinándonos  a ler a "t".





mércores, 20 de maio de 2020

VENRES,29 DE MAIO DO 2020

Bos días familias. Chegou o venres e con él o momento de montar O CONTO QUE NON QUERÍA SER CONTADO.
A través do whatsapp xa volo conto e vemos si fuchedes colocando ben as páxinas. Haber quen é o primeiro que nolo conta gravando un pequeno video.

Imos, por outro lado, co derradeiro traballo do noso lapbook.

Debemos recortar o cadrado, doblar as esquinas e scribir  debaixo delas:
  • DENTES DE RA: NA PARTE DE ARRIBA DA BOCA.
  • ORELLAS DE RA: NON TEÑEN.
  • PATAS DE RA: 4.
  • PEL DE RA: SUAVE E HÚMIDA.

E como é venres, tócanos un chisco de psicomotricidade.

Bo finde, amiguiños e amiguiñas.


XOVES,28 DE MAIO DO 2020

Bos días familias. Aquí estamos un día máis en un día menos para chegar o comezo desta nova normalidade que seguro será boa para todos/as. Mentras tanto, imos entreternos un anaquiño facendo o penúltimo traballo do noso lapbook.
Temos que recortar as frases e pegalas arriba ou abaixo segundo faigan referencia os CÁGADOS ou as RAS.


Os cágados: RESPIRAN POR BRANQUIAS/VIVEN NA AUGA/TEÑEN COLA E SÁENLLE PATAS/NON CROAN.
As ras: RESPIRAN POR PULMÓNS E POLA PEL/VIVEN NA TERRA PRETO DA AUGA/TEÑEN 4 PATAS/OS MACHOS CROAN. 


Facemos agora a DERRADEIRA FOLLA DO NOSO CONTO, QUE A PESAR DE QUE NON QUERÍA SER CONTADO....ESTÁ REMATADO.  

  Solo tedes que debuxarvos a vos mesmos/as, e xa estará esta historia rematada.


Por fín, toca bailar e troulear.

MÉRCORES, 27 DE MAIO DO 2020

Moi bo día a todos e todas. Cómo estamos hoxe? Imos todos/as xuntos/as a por este día. Entre todos/as faremos que brille.
 Vemos a actividade de hoxe para o  noso lapbook.
Hoxe toca aprender un pouco de vocabulario relacionado cas nosas RAS. Teremos que recortar as palabras de dentro dos rectángulos e pegalas donde indica a frecha. Logo recortamos polos puntiños e unimos todas as folliñas a modo de libriño. Imos para elo, pegando folla sobre folla, ata deixar a ra enriba de todo a modo de portada do minilibro. E a gardar a caixiña coma todos os días.

Vemos agora  outra folla do noso conto.

Deberemos debuxar aquí unha paixaxe de primavera, con paxaros, volvoretas, o sol, a herba verde con formiguiñas e xoaniñas, as árbores cheas de follas.... e todo aquelo que vos ocorra e vos guste.

E para rematar, toca disfrutar.

Ánimo. Xuntos venceremos.

MARTES,26 DE MAIO DO 2020

Moi bo día chicos e chicas. Comezamos.


 Outras curiosidades sobre as ras para completar. Cada etiqueta, diría o seguinte:

  • HAI UN TIPO DE RAS QUE SON TRANSPARENTES. ATA LLES PODES VER AS TRIPAS.
  • NON TEÑEN OÍDO PERO NON SON XORDAS.
  • EXISTE UN TIPO DE RA CON CORNOS. A RA CORNUDA DE SURINAM.
  • HAY UN TIPO DE RA QUE BRILLA NA ESCURIDADE.










                                                              RA CORNUDA



Deixovos todos estos videos, que son moi curtos, para que poidades ver todas estas curiosidades das que estamos a tratar.

Vemos, despois de tanta ra, un traballo de lóxica-matemática.


E agora, un pouco de diversión. A ler co mono Sílabo.

E finalmente, aquí vos deixo música para relaxarnos un pouquiño.
Feliz Martes para todos/as.



LUNS, 25 DE MAIO DO 2020

Bos días amiguiños e amiguiñas. Cómo estamos?. Seguro, seguro, que moi ben. Fortes e animados para comezar este luns cun novo traballiño do  noso lapbook. Nesta semana quedará rematado, e despois xa só queda montalo. Haber como nos queda.
Aquí vos deixo a tarefa para hoxe.
Teremos que ir cubrindo con noso lapis as etiquetas e logo recortámolas e gardámolas na caixa de zapatos. O que teñen que dicir as frases é: NINGUNHA RA PODE VIVIR EN AUGA SALGADA/MUDAN A PEL XERALMENTE UNHA VEZ A SEMANA/EXISTE UNHA RA XIGANTE. A RA"GOLIATH", QUE PODE CHEGAR A PESAR 3 KGRS. OU MÁIS.

Pasamos a ver outra folla do noso conto, que está a piques de chegar o seu fín.


 Imos recortar  as seguintes imaxes e pegámolas nesta folla.





Si queredes escribir debaixo o nome de algunhas da imaxes, aquí o deixo para que o copiedes:
POCOYO //  MASHA Y EL OSO // COMO MOLA TU ESCOBA  // O GRÚFALO  // A FILLA DO GRÚFALO.



 E agora a rir, cantar e bailar.





mércores, 13 de maio de 2020

VENRES, 22 DE MAIO DO 2020

Moi bos días a todos e todas. Hoxe é venres.
Vouvos propoñer unhos xogos en familia. O venres pasado, 15 de Maio celebrouse o Día Internacional das Familias. Imos recordalo hoxe, dado que non  era adecuado xuntalo co día das Letras Galegas.
Estes xogos que vos propoño para esta conmemoración, consisten no seguinte:

CARREIRA DE VERMES:
 Colocaremos distintos obxectos no chan a modo de circuito ( xoguetes, botellas....),cada participante sentará enriba dun coxín, e axudándose de máns e pes, terá que realizar o percorrido no menor tempo posible, pasando entre os obxectos e sen tumbalos. O gañador será o que consiga chegar o final sen derribar nada e o faiga no menor tempo.









ELEFANTE TIRA BOLOS:
Precisamos para este xogo, medias de adulto e infantiles e unha pelota de tenis ou similar. O xogo consiste en colocar unhos bolos no chan ( poden ser botellas de plástico ou latas) e tratar de tiralos a golpe de trompa. Para crear esta trompa só tedes que meter a bola nunha das pernas da media. Colocala na cabeza e disfrutar intentando derrubar os obstáculos ( botellas, latas...).






PELOTA SENTADA:
Tódolos participantes teñen que sentar formando un círculo no chan. Terán que pasarse unha pelota ( mellor de playa), de unhos a outros, sen levantarse nin usar as máns. Pódese golpear cas pernas, co tórax, hombros ou cabeza. Quen non consiga lanzala ó compañeiro/a quedará eliminado de esa rolda.



Eso é todo por hoxe. FELIZ DÍA, FAMILIAS. A divertirse.




XOVES, 21DE MAIO DO 2020

Bos días, un día máis. Cansados pero con ánimos renovados cada día.
Aquí vos deixo o primeiro traballo da xornada.



Trátase de outro sobre, no que gardaremos cousas incribles sobre a RAS.
Colorear a seta como vos guste, que sexan tonos clariños para que se vexa ben,. Recortamos, doblamos e reservamos.

Imos ver outra folla do conto...que xa quería ser contado?. Ayy, non sei.



Recortamos estes contos que xa contamos entre todos e todas, e pegámolos na seguinte folla. ( Pegádeos todos ou só algúns, como queirades).



E agora, un pouco de diverdión.




MÉRCORES,20 DE MAIO DO 2020

Moi bo día familias. Un día màis para coller forzas e que naide nin nada nos deteña para seguir  adiante.

Aquí vos deixo outro traballiño para o lapbook.
 Solo temos que escribir a palabra RA e colorear o debuxo, se queremos. E recortar todo o rectángulo nunha peza. Doblamos pola metade, a modo de libro.

Escribimos as partes da ra ( saco vocal, boca, patas,oído, ollo). Decirvos que non teñen oídos coma nós, pero non son xordas. Simplemente teñen o tímpano exposto ( externo).
Solo nos queda recortar, e pegar dentro do libriño.

Imos ver agora outra folla do noso conto. Hoxe vai de Chefs:


Vaia cociñeiros e cociñeiras estades feitos. Hiba, Iago, Carmen, Chaymae, Estrella, Bader, Insaf, Brais, Amaya, Xiana, Celtia, Breixo, Artai, Icía, Sophian, Xabi, Ighlas...todas e  todos unhos/as grandes chefs.



Fixádevos que " delantal " tan chulo o de Carmen. Pois imos facer  todos nós outro así de chulo. Deíxovos a plantilla.



Doblamos o folio a metade, colocamos enriba a plantilla, recortamos, decorámolo como máis vos guste ( podedes pegarlle pegatinas....), e pegámolo finalmente na ficha. E lista outra folliña do noso conto. Lembrade poñelas todas xuntas para ir engordando ese contiño.


E por hoxe xa está ben de traballar. A xogar e descansar. Moi bo día a todos/as.

MARTES,19 DE MAIO DO 2020

Bos días familias. Bos días chicos e chicas. Cómo estamos?. Con moitas ganas de traballar, si?. Pois comezamos.

E facémolo co lapbook. Hoxe imos lembrar a orde en que van medrando as nosas ras. De este xeito, trataremos de estudar os ordinais (1º, 2º,3º e 4º). Vémolo.
Este é o noso sobre para gardar as cartas que teremos que ordear. Nel, tedes que escribir co voso lapis as palabras : VIDA e RA; para formar a frase : CICLO DE VIDA DA RA.
E agora, vemos as cartas que teremos que recortar e ordear.


Si queredes, podedes pintalas, recortamos e.... a xogar a ordealas. (1º os ovos, en 2º lugar os cágados, en 3º lugar a ra xoven e por último, en 4º lugar, a ra adulta.
E cando cansemos de xogar, a gardar as cartas dentro do sobre, para cando queiramos volver a usalas. E todo para a caixa de zapatos, para despois montar o noso lapbook.

E agora, un traballiño de Lóxica-matemática. Mañá seguimos co noso conto.



Recortamos a grosso modo os regalos, e ímolos colocando por orde( do 1 ó 10) na folliña de abaixo.

E agora, a bailar.

FELIZ DÍA E MOITO ÁNIMO.



LUNS, 18 DE MAIO DO 2020

Bos días a todos e todas. Comenzamos unha nova semana e, facémolo con ánimos renovados e con ilusión de avanzar no noso lapbook para velo montado, que xa temos gañas de ver como vai a quedar.

Empezamos logo con outra actividade relacionada cas nosas ras.

En este traballiño, que xa todos tedes na casa, terían que escribir os nenos/as esas tres palabras, unha en cada raia (  NOVAS    DE     RAS). Logo recortamos, doblamos polos puntiños as pestanas, e damos forma o noso sobre. Teremos que buscar en internet unha noticia( unha nova) sobre ras, e gardala dentro deste sobre. Finalmente, gardamos todo na nosa caixa dos zapatos, para despois pegalo no noso lapbook.

Deíxovos agora outra folliña do noso conto.

Colorea os xoguetes, e debuxa no medio dos dous, o teu xoguete preferido. ( Que eu ben sei que a Brais lle encantan os dinosaurios, a Estrella os unicornios, a Xiana os cabalos.....).

Solo nos queda ler un pouquiño. Vemos para elo, o seguinte video:


E un pouco de música para estar máis relaxadiños, mentras traballo  e tamén mentras xogo:

Si vos gusta podedes poñer este tipo de música na vosa casa todos os días, para estar máis tranquiliños, igual que facemos no cole.
FELIZ DÍA AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS.



venres, 8 de maio de 2020

VENRES,15 DE MAIO DO 2020

Bos días a todos/as. A polo venres.
E a por a derradeira folliña de preguntas dos nenúfares.
Xa sabedes ben o que hai que facer.

E comoé venres, ESPERAMOS QUE TARA NOS DESVELE A PALABRA EN GALEGO MÁIS FERMOSA DO MUNDO.
 Mentras esperamos ansiosos imos ver algunhos contos.




Feliz Venres familias.









XOVES,14 DE MAIO DO 2020

Bos días. Xa queda menos. Arriba ese ánimo.
Ahí van as preguntas de hoxe para o  noso lapbook.
Xa sabemos o que temos que facer, verdade?
Imos a por outra folla do noso contiño...que non quería ser contado.

Aquí debedes de debuxar as vosas máns. Apoialas enriba da ficha e papá ou mamá repásannolas. Logo nós coloreámolas. Podemos poñerlles debuxos ( porque non facer unhas mans cheas de flores por exemplo...) e pintádevos a unllas, que sei que vos gusta un montón.

Agora, o conto en galego.

Que teñades un bo día. Have a nice day.






MÉRCORES, 13 DE MAIO DO 2020

Bos días familias. Darvos as Grazas porque o estades a facer xenial. Sei que vos supón moito esforzo e sacrificio, e ainda así non deixades de traballar cada día cos vosos nenos e nenas. Asi que, moitas grazas por tanta colaboración, comprensión e paciencia. Grazas.

Empezamos, entonces, co noso lapbook. Imos dar resposta a outras dúas preguntas:
Xa sabedes, coloreamos a folliña de cada nenúfar en verde, logo recortamos e doblamos; de dentro escribimos a resposta.
O noso conto agora, que nos axuda a traballar a lectoescritura.


Despois de completar as frases, e cantar ..., debemos debuxar algunhos pitiños o redor da letra de esta bonita canción.
Aquí vos deixo o video para que a podades cantar e bailar.
E por último, xa que estamos na SEMANA DAS LETRAS GALEGAS, imos escoitar un contiño en galego. Este coñecédelo ben, estou segura.

Bo día a todos e todas.

MARTES,12 DE MAIO DO 2020

Bos días un día máis. Aquí estamos ,con forzas e ánimos renovados cada día.
O que queda de semana, propóñovos respostar  a unha serie d preguntas. Cada día responderemos a dúas para ir dando forma o noso lapbook. Vémos as primeiras:
Coloreamos as follas dos nenúfares en verde e logo recortamos. Despois doblamos e dentro escribimos as respostas.

Imos a facer agora unha nova folla do noso conto....QUE NON QUERÍA SER CONTADO. Lembrades?.


Debuxar moitas burbullas de xabrón, enchendo a folla de círculos.

E para rematar, outro contiño en galego.


Bo dia, familias.


LUNS,11 DE MAIO DO 2020

Buenos días. Cómo estamos, familias. Cada día que pasa, o fín de este pesadelo, está máis cerca. Asique, que non decaiga o ánimo.
Esta semana, é a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano adícaselle a RICARDO CARVAHLO CALERO. Un defensor nato do noso idioma.


Despois desta breve introducción, paso a mostravos os traballiños relacionados con este escritor galego. A idea e que faigades un por día. O venres 15, estade atentos o blog de Tara, que nos desvelará a palabra galega máis fermosa do mundo.


 Este é un anaco do conto que escribiu para nenos/as. E sobor de él imos a traballar.








LEMBRADE QUE ESTES TRABALLOS SON PARA FACER UN CADA DÍA.

Deixovos agora outra actividade relacionada con noso lapbook:

Con estas dúas fichas, montaremos unha roda que nos mostre por orde o ciclo de vida das ras.. Nas videoconferencias xa vos vou explicando como facer todos estes traballiños.

Vemos, para rematar, a película de Cocorico. Espero que vos guste.