Aquí vos deixo a tarefa para hoxe.
Teremos que ir cubrindo con noso lapis as etiquetas e logo recortámolas e gardámolas na caixa de zapatos. O que teñen que dicir as frases é: NINGUNHA RA PODE VIVIR EN AUGA SALGADA/MUDAN A PEL XERALMENTE UNHA VEZ A SEMANA/EXISTE UNHA RA XIGANTE. A RA"GOLIATH", QUE PODE CHEGAR A PESAR 3 KGRS. OU MÁIS.
Pasamos a ver outra folla do noso conto, que está a piques de chegar o seu fín.
Imos recortar as seguintes imaxes e pegámolas nesta folla.
Si queredes escribir debaixo o nome de algunhas da imaxes, aquí o deixo para que o copiedes:
POCOYO // MASHA Y EL OSO // COMO MOLA TU ESCOBA // O GRÚFALO // A FILLA DO GRÚFALO.
E agora a rir, cantar e bailar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario