mércores, 13 de maio de 2020

VENRES, 22 DE MAIO DO 2020

Moi bos días a todos e todas. Hoxe é venres.
Vouvos propoñer unhos xogos en familia. O venres pasado, 15 de Maio celebrouse o Día Internacional das Familias. Imos recordalo hoxe, dado que non  era adecuado xuntalo co día das Letras Galegas.
Estes xogos que vos propoño para esta conmemoración, consisten no seguinte:

CARREIRA DE VERMES:
 Colocaremos distintos obxectos no chan a modo de circuito ( xoguetes, botellas....),cada participante sentará enriba dun coxín, e axudándose de máns e pes, terá que realizar o percorrido no menor tempo posible, pasando entre os obxectos e sen tumbalos. O gañador será o que consiga chegar o final sen derribar nada e o faiga no menor tempo.









ELEFANTE TIRA BOLOS:
Precisamos para este xogo, medias de adulto e infantiles e unha pelota de tenis ou similar. O xogo consiste en colocar unhos bolos no chan ( poden ser botellas de plástico ou latas) e tratar de tiralos a golpe de trompa. Para crear esta trompa só tedes que meter a bola nunha das pernas da media. Colocala na cabeza e disfrutar intentando derrubar os obstáculos ( botellas, latas...).






PELOTA SENTADA:
Tódolos participantes teñen que sentar formando un círculo no chan. Terán que pasarse unha pelota ( mellor de playa), de unhos a outros, sen levantarse nin usar as máns. Pódese golpear cas pernas, co tórax, hombros ou cabeza. Quen non consiga lanzala ó compañeiro/a quedará eliminado de esa rolda.



Eso é todo por hoxe. FELIZ DÍA, FAMILIAS. A divertirse.




Ningún comentario:

Publicar un comentario