mércores, 13 de maio de 2020

MARTES,19 DE MAIO DO 2020

Bos días familias. Bos días chicos e chicas. Cómo estamos?. Con moitas ganas de traballar, si?. Pois comezamos.

E facémolo co lapbook. Hoxe imos lembrar a orde en que van medrando as nosas ras. De este xeito, trataremos de estudar os ordinais (1º, 2º,3º e 4º). Vémolo.
Este é o noso sobre para gardar as cartas que teremos que ordear. Nel, tedes que escribir co voso lapis as palabras : VIDA e RA; para formar a frase : CICLO DE VIDA DA RA.
E agora, vemos as cartas que teremos que recortar e ordear.


Si queredes, podedes pintalas, recortamos e.... a xogar a ordealas. (1º os ovos, en 2º lugar os cágados, en 3º lugar a ra xoven e por último, en 4º lugar, a ra adulta.
E cando cansemos de xogar, a gardar as cartas dentro do sobre, para cando queiramos volver a usalas. E todo para a caixa de zapatos, para despois montar o noso lapbook.

E agora, un traballiño de Lóxica-matemática. Mañá seguimos co noso conto.



Recortamos a grosso modo os regalos, e ímolos colocando por orde( do 1 ó 10) na folliña de abaixo.

E agora, a bailar.

FELIZ DÍA E MOITO ÁNIMO.



Ningún comentario:

Publicar un comentario