Aquí vos deixo outro traballiño para o lapbook.
Solo temos que escribir a palabra RA e colorear o debuxo, se queremos. E recortar todo o rectángulo nunha peza. Doblamos pola metade, a modo de libro.
Escribimos as partes da ra ( saco vocal, boca, patas,oído, ollo). Decirvos que non teñen oídos coma nós, pero non son xordas. Simplemente teñen o tímpano exposto ( externo).
Solo nos queda recortar, e pegar dentro do libriño.
Imos ver agora outra folla do noso conto. Hoxe vai de Chefs:
Fixádevos que " delantal " tan chulo o de Carmen. Pois imos facer todos nós outro así de chulo. Deíxovos a plantilla.
Doblamos o folio a metade, colocamos enriba a plantilla, recortamos, decorámolo como máis vos guste ( podedes pegarlle pegatinas....), e pegámolo finalmente na ficha. E lista outra folliña do noso conto. Lembrade poñelas todas xuntas para ir engordando ese contiño.
E por hoxe xa está ben de traballar. A xogar e descansar. Moi bo día a todos/as.
Ningún comentario:
Publicar un comentario