mércores, 27 de maio de 2020

MARTES 2 A VENRES 5 DE XUÑO DO 2020

Moi bos días familias.
Vouvos deixar unhas cantas tarefas para toda a semana. Son totalmente voluntarias. Somentes para aqueles nenos/as que lles apeteza facelas.
Aquí teredes que  completar co número correspondente dentro de cada figura xeométrica e repasar co lapis as formas. E lembrade, sempre por detrás escribimos os números, nome e data. Tamén podemos aproveitar esta parte de detrás da ficha para escribir palabras sinxelas ( gato/pan/auga/mamá/sopa...).
E hora tamén de ir recalcando os ordinais. Aquí escribiremos dentro do círculo o lugar que ocupa o rectángulo sombreado ( por exemplo: o de arriba de todo está no 3º lugar..).
Temos que recortar os animais que nos fan falta para completar a serie. Fixédevos, xa que non fan falta todas.
Non esquezades contar cantos porquiños, vacas e patos hai e escribir nestes rectángulos de abaixo o número correspondente.





E agora, a contar velas, escribindo o número que falta, seguindo a orde da recta numérica.







E agora xoguemos as ADIVIÑAS.

O mono Sílabo ensínanos o " S ". Aquí tamén tedes moitas outras letras que podedes ver durante todas estas semanas.


FELIZ SEMANA PARA TODOS E TODAS. ÁNIMO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario