Vemos a actividade de hoxe para o noso lapbook.
Hoxe toca aprender un pouco de vocabulario relacionado cas nosas RAS. Teremos que recortar as palabras de dentro dos rectángulos e pegalas donde indica a frecha. Logo recortamos polos puntiños e unimos todas as folliñas a modo de libriño. Imos para elo, pegando folla sobre folla, ata deixar a ra enriba de todo a modo de portada do minilibro. E a gardar a caixiña coma todos os días.
Vemos agora outra folla do noso conto.
Deberemos debuxar aquí unha paixaxe de primavera, con paxaros, volvoretas, o sol, a herba verde con formiguiñas e xoaniñas, as árbores cheas de follas.... e todo aquelo que vos ocorra e vos guste.
E para rematar, toca disfrutar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario