Hoxe imos a traballar o ARTE. Con un pintor francés chamado Claude MONET.
O famoso cuadro dos " NENÚFARES", unha obra inmensa que o autor quixo facela a modo de monumento pola paz o final da guerra. E baseouse no xardín da súa casa para pintala.
Vemos, en primeiro lugar un video que nos pode dar unha idea do que é un museo por dentro, no que hai distintas salas de arte e mesmo lugares adicados os nenos/as para facer talleres ou traballar unha obra en concreto con eles. Tamén lugares para descansar, como bancos e/ou cafeterías para repoñer forzas, xa que percorrer tantas salas é un traballo algo cansado.Normalmente non deixan tomar fotos, nin comer mentras facemos a visita. E poñen a nosa disposición audioguías, que son como unhos teléfonos que nos van dando información das obras que imos visitando.
Unha idea de como podemos pintar a vosa obra de arte:
Xa que temos témperas na casa, podemos intentar facer algo parecido o que acabamos de ver. Para facer a ponte, podedes usar un cartón ou similar. O que boamente se vos ocorra e podades.
Dado que a Monet lle encantaban as flores ,imos facer este laberinto de flores.
Fixádevos en que a saída está na ra de arriba e tería que chegar a de abaixo saltando de flor en flor e solo nas que teñen o centro amarelo intenso.
E agora a cantar e bailar:
Ningún comentario:
Publicar un comentario