Un día perfecto para que todos e cada un dos nenos e nenas do grupo de 4 anos, nos conten un contiño o longo do día para que o poidamos escoitar e deleitarnos coa sua maxia de trasladarnos a mundos incribles a través de aventuras sin fín.
Propóñovos dúas tarefas para conmemorar o día de hoxe:
Unha é escoitar este videoconto no que veredes que non ten texto. Escoitamos atentos a contacontos e haber quen é capaz de adiviñar a onde van todos.
Cómo segunda tarefa que vos propoño é, facer un conto. Hoxe é o mellor día para o comezo dunha historia baseada no principal e máis preocupante tema que na actualidade nos preocupa. Quizáis sexa esta unha boa maneira de desmitificalo un pouco. Parécevos?
Titularémolo así: O CONTO QUE NON QUERÍA SER CONTADO.-
Despois de informarnos un pouquiño, imos ca primeira folla do noso conto. Cada día iremos facendo unha de xeito paralelo os traballiños sobre as ras.
Esta é a Portada. Solo temos que colorear cada letra dunha cor diferente. E poñer o noso nome donde se indica.
Solo nos queda para o día de hoxe a música de relaxación que sempre poñemos na clase para estar máis tranquiliños mentras traballamos ou xogamos.
FELIZ DÍA DO LIBRO FAMILIAS.-
Ningún comentario:
Publicar un comentario