Seguimos co noso Proxecto da Ra . Xa vimos a Brais disfrutando da súa ranita. Seguro que ainda non lle puxo nome. Haber si entre todos e a través do Whatsapp lle axudamos hoxe a bautizala.
Lembrade que tamén ten moitos máis cágados, e tamén Iago. Imos velos:
OS ANFIBIOS. Se pinchades aquí, podedes neste enlace disfrutar dun xogo. Vos leredes as preguntas e os nenos contestan. Mirade o video primeiro. Neste mesmo enlace o tedes máis abaixo do xogo.
Qué tal, gustouvos? Fixámonos agora neste traballiño:
Xa vimos no video que, as ras, son carnívoras cando xa son adultas. Imos ver quen come a quen. Os depredadores son os animais que comen as ras, e as presas son a comida das ras. Despois de escribir co lapis o nome de cada animal (por encima da liña sen chegar a tocala), recortamos os rectángulos e pegamos na primeira ficha según corresponda.
Palabras que temos que escribir: SERPE/RAPOSO/PEIXE/FALCÓN/GRILO/CARACOL/FORMIGA/VERME.
QUE COMEN AS RAS. En este outro enlace (pinchando encima) tedes toda a información que precisades para facer esta tarefa.
Agora, papás e mamás , un traballiño para vós:
Que vos parece se lemos un pouquiño?.
Chegou o momento de disfrutar.
Para rematar e volver a calma, vemos este precioso conto pop up, no que se traballan as emocións que tanta falta fai tamén educar. Anna Llenas cóntanos historias para nenos e non tan nenos; historias que ela mesma ilustra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario