xoves, 16 de abril de 2020

venres,17 de Abril do 2020

Bos dias, cómo estamos hoxe?. Un día menos nesta loita. Ánimo.
Comezamos este venres coas nosas RANIÑAS. Hoxe imos facer a portada do Proxecto. Deste xeito:
Collemos un folio branco e o pintamos,  de azul e verde ( tdo revolto), con témperas si queredes e pincel; sin mezclar estes dous colores previamente. Pintamos cos dous a vez para que no folio se vexan os dous. Sin medo, que vai quedar perfecto.
Deixámolo secar. E despois collemos o folio, enrrugámolo como si o foramos tirar o lixo. Cando esté ben enrrugado, abrímolo e extendémolo despaciño para que non nos rompa. Xa temos así a charca para as nosas ras. Vemos a idea:

Agora temos que facer as ras. Cómo? Para elo temos que facer círculos nun folio, de distinto tamaño, e non moi grandes para que nos quepan varias ras na nosa charca ( con obxectos que teñades na casa: unha copa, un vaso pequechiño, distintas tapas de distintos envases...). Pintámolos de verde por un lado e de vermello por outro. Recortamos os nosos círculos, doblamos a metade, facemos os olliños como vemos na foto. E para facer a lingua, unha tira de papel que mamá ou papá rizarán coa axuda dunha tesoira. Con 4 ou 5 raniñas pequeñiñas será suficiente.
Na foto vedes que hai unhas herbiñas típicas de zonas húmidas que tamén podedes reproducir. Aquí non vos digo nada, o deixo a imaxinación de cada quen. Si queredes poñer algún nenúfar, é un círculo o que lle quitamos un triángulo  e unha flor blanca encima.
Admítense variantes; facede o que boamente poidades.


Un pouco de lóxica-matemática agora contando algún animaliño que é prato delicioso para as ras.
E por detrás, teredes que escribir os números que faltan. E dicir, escribímolos todos menos os que puxemos por diante, sin mirar. Haber si vos acordadades. Deixádelles un huequiño donde terían que ir  en esa recta numérica. Sería : 1     ________            _____                 78   _____    10.

E AGORA, A BAILAR, CANTAR, RIR E SOÑAR.
    





Un pouco de psicomotricidade, xa que é venres. Boa fín de semana. 

 







Ningún comentario:

Publicar un comentario