E xa temos unha raniña formada. Quédalle un pouco de cola que a perderá cando sexa adulta.
Vemos este proceso máis despacio.
Vemos a revista " MUY INTERESANTE" que temos na Biblioteca do cole, e que é - sí,sí- muy interesante. Mirade pinchando no seguinte enlace.
Curiosidades sobre as ras.
Agora, tócanos traballar un pouquiño. Imos facer un MINILIBRO DA RA, traballando sumas sinxelas e a vez, algo de escritura tamén:
Tedes que colorear as letras do título do libriño (AMIGAS RAS) e pintar tamén as ras. Debaixo escribide o voso nome. Na segunda parte deste traballo debedes intentar ler a frase e completala poñendo o número de ras que vedes. Despois de pintar a ra de verde, debedes de recortar os rectángulos para ir formando o noso libro pequeniño.
En estas outras duas folliñas do noso conto teremos que, primeiro facer as sumas e completalas, coa axuda das regletas os que poidades.(Senón tamén podedes sumar con fabas por exemplo). Uha vez feitas estas sumas, poñemos o resultado final na frase. Quedará así( EU VEXO 2 RAS). A frase da segunda parte, vedes que hai que escribir o número 3 e a palabra RAS para completala. AXUDÁDELLES DICÍNDOLLES SOLO O SONIDO DE CADA LETRA.
Completamos o noso minilibro con estas dúas últimas páxinas. Facemos o mesmo que na anterior. Primeiro a suma e logo completamos a frase: EU TEÑO 4 RAS/ EU TEÑO 5 RAS. Eles esriben co lapis e nós dicímoslles o sonido.
Quén se atreve a decirnos o número total de ras que temos?
Despois de descansar e ter un tempiño de lecer, imos a ler:
Ben, despois de tanto traballar, qué toca?. A bailar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario