martes, 14 de abril de 2020

Mércores, 15 de Abril do 2020

Bos días a todos e todas. Hoxe a cousa vai de dentes. Parece ser que a algún neno/a caeulle un dentiño. Eso me dixo onte o Ratiño Pérez que pasou cerquiña da miña ventá. Será verdade? Si é así, imos cantarlle unha canción.


Aproveitando formas xeométricas que todos temos pola casa imos facer con un cartón ( a caixa dos cereais mesmo), o noso ratiño, deste xeito.




Empregando para facer os círculos, por exemplo, unha taza para o corpo,un vaso para a cara, o tapón dunha botella para os ollos.... seguro que vos queda ben chulo se o pintades con pincel. Tamén podedes imprimir a ficha ou facela en paint, para traballar un pouco esta forma xeométrica.
Responde agora: Cantos círculos grandes empregamos para facer o ratiño? E pequenos? E medianos?. Fai una suma para ver cantos che fixeron falta en total . pequenos+ medianos+grandes=    (Emprega as regretas para facela, si as tes).


Aquí vos deixo esta segunda imaxe co gallo de que poidades facer unha caixiña para gardar os vosos dentes cando vos caigan. Deste xeito, o noso ratiño poderá atopalo mellor debaixo da almofada, e se él quere, de paso, deixarnos ahí dentro algunha moeda.                                                                                               
Seguimos traballando con cartón. Solo tedes que debuxar o triángulo de forma doble (  un deles un pouco  máis grande que o outro para que lle quede unha pestana para poder pegalo o outro triángulo). Recortar      dous círculos, e pegar según vedes na foto. Os ollos poden ser lentellas, o nariz un botón e o rabo un cachiño de lá.    A RECORTAR MOITO, AMIGUIÑOS/AS.                                                                                                                                                                                                                                                                                               



Sentados e atentos que vemos un video para repasar esto que estivemos traballando.

Imos agora a cazar tódolos números "0" que atopemos na seguinte ficha, e os repasamos cada un dunha cor diferente. Moi importante que papá ou mamá nos VIXIE A DIRECCIONALIDADE, senón non valerá para nada facer este traballiño.
Cantos atopaches? Escribe o número o lado do unicornio. Lembra escribir por detrás os números, cada un da sua cor.


 E agora, a mover ese esquelete toca. Ánimo. O estades facendo moi ben.




Ningún comentario:

Publicar un comentario