martes, 28 de abril de 2020

Mércores,29/04/2020

Buenos días, cómo estamos hoxe?
Comezamos, e facémolo xogando, xa que onte traballamos moito. Pinchade no enlace para xogar.
XOGOS INFANTIL.
 En este traballiño, propóñovos que escriban os nenos/as os números nunha folla, e logo que os recorten e peguen onde corresponde según o número de puntiños que ten cada ra nas súas fichas. Para as ras que teñen dúas fichas,deben facer a suma primeiro ( con regletas, ou fabas...). Sería interesante que antes de facer todo esto, foran poñendo en cada cadrado tantas fabas, por exemplo, como puntiños ten  cada ra.



E agora unha folla máis do noso conto. Escribir as palabras nos espacios dos puntiños e colorear o mandilón de verde (pódense usar distintos tonos de verde, facerlle debuxos, pegatinas....).


Está chegando o "DÍA DA NAI", e , canto a queremos?. Tanto, tanto, que nin nós sabemos canto. Para demostrarllo, ímoslle facer unha TARXETA que seguro lle vai encantar. ( No cole sempre se celebra o día das familias, non do pai nin da nai. Pero este ano está a ser especial, polo que imos a facer unha excepción).


Sería ben que tiverades unha cartolina para doblala a metade. Na cara exterior de fora,na portada, faríamos o seguinte:



En cada pétalo escribirían os nenos/as unha palabra que define a súa mamá: doce, agarimosa,paciente, bondadosa, sufridora, entregada, valiente, graciosa, especial, única, todoterreno.... . Creo que se ve ben na foto a idea.( A flor é doble, van dúas, unha encima da outra). Iría colocada no outro sentido , de forma vertical ( non horizontal como está aquí na foto)
E dentro da tarxeta, faríamos a man do neno/a a modo de planta chea d preciosas flores. Vémolo:
Serían os nenos/as os que escribirían tódalas palabras. É unha excusa estupenda para traballar a lectura e a escritura.



Aquí vos deixo posibles plantillas. Haber si acertei cos tamaños.

E AGORA, A DESCANSAR E XOGAR MOITO. BIQUIÑOS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario