mércores, 29 de abril de 2020

XOVES,30/04/2020

Bos días a todos e todas. Qué tal esas raniñas que tedes nas vosas casas? Carmen, Iago, Brais, Xiana...xa lles dechedes o almorzo?. Hoxe, ímosvos axudar tódolos nenos e nenas a darlles de comer. Ahí vos vai o traballiño para que poidades facelo:
 Xa sabedes que comen insectos ( formigas, moscas, mosquitos...), polo tanto, teredes que recortalos, a grosso modo, e repartilos todos para que estas cinco ras poidan almorzar hoxe.
Ímolos pegando no primeiro recadro, e no seguinte teredes que escribir o número de insectos que lle déchedes a cada ra.
Que ledas se van poñer cando vexan todos estes insectos que lle ides a dar. Menudo banquete lles espera.


Deíxovos  outra folla do noso conto.....que non quería ser contado.Gardádeas todas xuntiñas para logo compoñelo.



Temos que facer a nosa casa. Aquí vos deixo a plantilla para recortar formas xeométricas e pegar onde corresponde. Coloreaá ben guapa.
 E agora, queredes  facer un pouco de exercicio físico?. A bailar.
Un ratiño con Pocoyó, que tanto vos gosta.
Vémolo en inglés.



Ningún comentario:

Publicar un comentario