luns, 27 de abril de 2020

MARTES,28/04/2020

Bos días familias. Comezamos un novo día.
SALAMANDRA DE GAUDÍ. Hoxe queremos ver un pouco de historia. Acaba de ser o día do libro, e todos vimos na tv esa tradición de Cataluña de regalar un libro e unha rosa. Según conta a lenda, foi Sant Jordi quen matou o dragón para salvar a Princesa que estaba no castelo, un 23 de Abril. É así como para os cataláns este día,ademáis do Día do Libro está considerado como o Día dos Namorados ( o chamaron o Día de Sant Jordi), por este feito. Mirade o enlace pinchando arriba ( en donde pon SALAMANDRA DE GAUDÍ).
Este dragón ( ou salamandra) andivo visitando monumentos. E parou nalgunhos, feitos por este famoso arquitecto catalán. Vemos un exemplo:
Vemos ahora esta casa despaciño. Veredes que maravilla. A casa Batlló, en donde se representou precisamente esta escena na que,montado no seu cabalo (oíchedes o trote ) e loitando con espadas ( clavou unha o Dragón e ese sangue do dragón converteuse en preciosas rosas), salvou a Princesa.
Gaudí tamén fixo a Sagrada Famila ( esa catedral tan magnífica que ten Barcelona), e o Parque Güell.
Vemos os "Lunnis de Leyenda". Haber que vos parece.

 Agora o mesmo, pero cantado; pola nosa Lucrecia.

Vos dín un montón de voltas, verdade? para chegar a onde quería. Ahí sí, ó parque Güell. Ahí atópase a nosa salamandra, que imos facer hoxe. Será un imán para a neveira.

Este é un exemplo de como o fixeron outros nenos/as. Deixovos as plantillas.
O que temos que facer NON é un collage, senón empregar a técnica TRENCADÍS, como fixo Gaudí. Fai unhos días  falamos xa de ela.
Propóñovos que corten cachiños pequeniños de revistas buscando as cores que nos interesen, e logo nun cartón ( non moi groso para que vos sexa doado de recortar), que sexa un pouco máis grande co tamaño da ra ou da salamandra ( elixide o que máis vos guste) imos pegando os cachiños d maneira que nunca se acabalguen unhos encima dos outros;debe quedar un minúsculo espacio entre todos eles. Como un mosaico.
Cando xa teñamos o cartón todo cuberto de esta forma, recortamos a silueta do noso animal e poñémola encima do noso traballo para repasala con un rotulador e logo xa a recortamos. E si tedes un imán de calquera cousa pola casa, pegádelo por detrás, e listo. A pegalo a neveira.
Aquí vos deixo outra folliña do conto ( que non quería ser contado). Escribir esas dúas palabras e debuxar co lápiz os seus compañeiros/as da clase e poñerlles o nome debaixo.
Nada máis. A xogar con papá e mamá. Biquiños






Ningún comentario:

Publicar un comentario