domingo, 26 de abril de 2020

LUNS, 27/04/2020

Bos días, un día máis.
 Estamos a luns e, queremos pintar. Vemos un enlace con clase online. E atentos que despois o teremos que facer nós. Vai dirixido os nenos/as pero sobre todo os papás e mamás, xa que nos dará unha orientación de como facer esta segunda parte dos Xardíns da casa de Monet, en  Giverny (Francia).
Os xardíns da casa de Monet ( que tantas veces recreou nas suas pinturas), están divididos en dúas partes: o xardín acuático con esa preciosa ponte que xa fixechedes o pasado mércores; e o xardín principal, con moitas e coloridas flores. Imos quedar hoxe no estanque e nos seus nenúfares. OS NENÚFARES DE MONET
Pinchade no enlace e veredes que ben.

Agora , tócanos a nós traballar. Explícovos:
Imos a buscar un cartón grande pola casa, ou un saco de papel, ou calquera cousa que boamente poidades.( Tamén valería un folio). Teríamos que pintalo como nos dí no video( agora que xa sabemos que empregamos o branco para aclarar as cores e o negro para oscurecelas), e logo facer os nenúfares.Teredes que facer tantos, como vogais hai, e dicir, 5 nenúfares (PORQUE É PARA FACER UN XOGO). As flores dos nenúfares non as tedes que facer, solo as follas ( recordade: que recorten os nenos/as os círculos e lles quitan un anaco, previamente pintados).
Unha vez seca a nosa obra, pegaremos estas follas dos nenúfares( que cada unha terá unha vocal escrita en grande e en letra maiúscula) esparcidas poloestanque de Monet. E  temos así xa o  noso taboleiro de xogo.
Agora, temos que facer unhas tarxetas, nas que os nenos/as coa nosa axuda escribirán palabras  dunha sola sílaba: RA/PAN/SOL/LUZ/CAN/MEL/XIZ(tiza)/PEN/TREN/GOL/MIL/VOZ/MAR/COL/COZ/CAL/CLAN/SAL/GRIS/TRES/FÉ/SIL/TÉ/TÚ/MES/MAX/MIX/CRUZ/PAZ/PEZ.... e todas aquelas que se vos ocorran. E xa temos o xogo preparado.
Cómo xogamos?

  • Colocamos as tarxetas cos nomes boca abaixo ( que non se vexan as palabras). O neno/a terá que elixir unha tarxeta e o adulto leeralle a palabra sin que a vexa e intentando pronunciar con forza a vocal que ten esa palabra, de xeito que terá que adiviñar que vocal vai nesa palabra e colócala no seu sitio no taboleiro dos nenúfares. Por exemplo: sacou a tarxeta ca palabra CAN; decímoslla nós pronunciando con máis forza a A, e logo a tería que colocar encima da folla do nenúfar que ten a "A".... e así sucesivamente). Se o fai ben gaña un bico e un abrazo de algúen da súa casa ( quen elixa). Se  non acertara, seria él/ela a que tería que dar o bico a quen queira.
  • Outra variante pode ser, que él mesmo/a lea a palabra, diga que vocal ten e a coloque onde corresponda.
  • Tamén,unha vez xa dominadas as palabras de unha soa sílaba, pódese facer con palabras de dúas sílabas, axudándolle a ver cal é a vocal que pronunciamos con máis forza. GATO/COCHO/VACA/TARA/DINA/SINA/CARMEN/BRAIS/BADER/INSAF/HIBA/INÉS/ANA/LOLI....


E XA ESTÁ BEN DE TRABALLAR, IMOS A BAILAR.









PppP

Ningún comentario:

Publicar un comentario