Fixámonos para elo, no conto de:" A Cebra Camila". Vemos un exemplo:
Tres grandes pintores nos que nos imos fixar para vestir a nosa cebra Camila. Empezamos.
E facémolo con MONDRIAN.
Imos decorarlle a camiseta pintando a "C" de Camila, o estilo deste artista. Deste xeito:
Pintaremos con témperas,acuarelas, rotuladores ou ceras un de estes "círculos concéntricos", logo o recortamos e pegámolo na camiseta da nosa cebra Camila:
Vemos algo da súa vida. Non foi doada.Atentos.
Xoguemos agora un anaquiño a atopar o que o video nos dí. Ollade ben. Preparados?
E quédanos JOAN MIRÓ. Este pintor era español; de Cataluña.
Joan Miró, ademáis de pintor, tamén era escultor e ceramista.
MIRADE COMO COBRAN VIDA A SÚAS OBRAS. ABRAIANTE.
Seleccionamos unha de elas para facer un puzle de 6 pezas. Parece moi sinxelo, pero veredes que non o é tanto.
Temos que recortar polas liñas negras d maneira que quede esta obra ( chamada " Diseño tapiz") dividida en en 6 partes máis ou menos cadradas. Logo nun folio aparte deberemos montalas de novo,e cando as teñamos listas ímolas pegando para dar forma o cadro. Que ledo se poñería Miró se vos vira.
Miramos agora este XARDÍN ANIMADO DE MIRÓ. Veredes que maravilla.
Se ides algunha vez a cidade de Barcelona, no parque de Joan Miró, o pé de unha gran lagoa artificial, poderedes atopar esta fermosa escultura:
Chamouna: " Muller e paxaro". Foi a sua última obra. Ten 22m de altura e representa unha forma feminina co seu sombreiro, e sobre este, a imaxe dun paxaro. E está recuberta de cachiños de azulexos (trencadís).
IMOS FACER A NOSA PROPIA ESCULTURA.
Para elo necesitaremos un cartón do rolo de cociña e outro de papel hixiénico. Sobre eles faremos un collage pegando papeliños, ou tamén o podemos pintar cas cores máis habituais de Miró ( vermello, amarelo, verde e azul). E para facer o paxaro do pico,o podemos facer con cartolina, masa de pan, plastilina ou o que se vos ocorra. Ánimo, que logo vai quedar chulísima na vosa estantería.
Animádesvos a dar un paseo con Miró? Eu fíxeno e, encantoume. Preparados, listos...imos!!!!
Outras ideas. Tomade nota.
Pintar pedras.
Vemos unha poesía. Papá ou mamá recítanma.
Haber agora quen caza máis vogais nela. Primeiro cazamos o "I", logo "U", "A", "E", "O".
AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHOS TRABALLIÑOS MÁIS DA CEBRA CAMILA PARA ESTOS DÍAS DE SEMANA SANTA. Non esquezades repasar os números e escribir e ler palabras de unha e dúas sílabas.
E para rematar, deixovos unha canción que nos invita o OPTIMISMO. Todos/as a bailar que necesitamos desestresar. FELICES CONFINADAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA. Estades a facer un traballo incríble cos vosos nenos e nenas. Parabéns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario