mércores, 27 de maio de 2020

MARTES 2 A VENRES 5 DE XUÑO DO 2020

Moi bos días familias.
Vouvos deixar unhas cantas tarefas para toda a semana. Son totalmente voluntarias. Somentes para aqueles nenos/as que lles apeteza facelas.
Aquí teredes que  completar co número correspondente dentro de cada figura xeométrica e repasar co lapis as formas. E lembrade, sempre por detrás escribimos os números, nome e data. Tamén podemos aproveitar esta parte de detrás da ficha para escribir palabras sinxelas ( gato/pan/auga/mamá/sopa...).
E hora tamén de ir recalcando os ordinais. Aquí escribiremos dentro do círculo o lugar que ocupa o rectángulo sombreado ( por exemplo: o de arriba de todo está no 3º lugar..).
Temos que recortar os animais que nos fan falta para completar a serie. Fixédevos, xa que non fan falta todas.
Non esquezades contar cantos porquiños, vacas e patos hai e escribir nestes rectángulos de abaixo o número correspondente.





E agora, a contar velas, escribindo o número que falta, seguindo a orde da recta numérica.







E agora xoguemos as ADIVIÑAS.

O mono Sílabo ensínanos o " S ". Aquí tamén tedes moitas outras letras que podedes ver durante todas estas semanas.


FELIZ SEMANA PARA TODOS E TODAS. ÁNIMO.

luns, 25 de maio de 2020

LUNS, 1 DE XUÑO DO 2020

Bos días, cómo estamos? Empezamos Xuño. Quédannos 3 semanas de curso escolar. Asique, ímolas facer moi livianas, porque sei que estades cansos e moitos de vos tendes tarefas atrasadas. Deste xeito, poderédelas ir remantando sen agobios.
 Vouvos deixar a fotocopia do LAPBOOK  que  nos falta.


Aquí vos deixo a este pillo Mono Sílabo. Esta vez ensinándonos  a ler a "t".





mércores, 20 de maio de 2020

VENRES,29 DE MAIO DO 2020

Bos días familias. Chegou o venres e con él o momento de montar O CONTO QUE NON QUERÍA SER CONTADO.
A través do whatsapp xa volo conto e vemos si fuchedes colocando ben as páxinas. Haber quen é o primeiro que nolo conta gravando un pequeno video.

Imos, por outro lado, co derradeiro traballo do noso lapbook.

Debemos recortar o cadrado, doblar as esquinas e scribir  debaixo delas:
  • DENTES DE RA: NA PARTE DE ARRIBA DA BOCA.
  • ORELLAS DE RA: NON TEÑEN.
  • PATAS DE RA: 4.
  • PEL DE RA: SUAVE E HÚMIDA.

E como é venres, tócanos un chisco de psicomotricidade.

Bo finde, amiguiños e amiguiñas.


XOVES,28 DE MAIO DO 2020

Bos días familias. Aquí estamos un día máis en un día menos para chegar o comezo desta nova normalidade que seguro será boa para todos/as. Mentras tanto, imos entreternos un anaquiño facendo o penúltimo traballo do noso lapbook.
Temos que recortar as frases e pegalas arriba ou abaixo segundo faigan referencia os CÁGADOS ou as RAS.


Os cágados: RESPIRAN POR BRANQUIAS/VIVEN NA AUGA/TEÑEN COLA E SÁENLLE PATAS/NON CROAN.
As ras: RESPIRAN POR PULMÓNS E POLA PEL/VIVEN NA TERRA PRETO DA AUGA/TEÑEN 4 PATAS/OS MACHOS CROAN. 


Facemos agora a DERRADEIRA FOLLA DO NOSO CONTO, QUE A PESAR DE QUE NON QUERÍA SER CONTADO....ESTÁ REMATADO.  

  Solo tedes que debuxarvos a vos mesmos/as, e xa estará esta historia rematada.


Por fín, toca bailar e troulear.

MÉRCORES, 27 DE MAIO DO 2020

Moi bo día a todos e todas. Cómo estamos hoxe? Imos todos/as xuntos/as a por este día. Entre todos/as faremos que brille.
 Vemos a actividade de hoxe para o  noso lapbook.
Hoxe toca aprender un pouco de vocabulario relacionado cas nosas RAS. Teremos que recortar as palabras de dentro dos rectángulos e pegalas donde indica a frecha. Logo recortamos polos puntiños e unimos todas as folliñas a modo de libriño. Imos para elo, pegando folla sobre folla, ata deixar a ra enriba de todo a modo de portada do minilibro. E a gardar a caixiña coma todos os días.

Vemos agora  outra folla do noso conto.

Deberemos debuxar aquí unha paixaxe de primavera, con paxaros, volvoretas, o sol, a herba verde con formiguiñas e xoaniñas, as árbores cheas de follas.... e todo aquelo que vos ocorra e vos guste.

E para rematar, toca disfrutar.

Ánimo. Xuntos venceremos.

MARTES,26 DE MAIO DO 2020

Moi bo día chicos e chicas. Comezamos.


 Outras curiosidades sobre as ras para completar. Cada etiqueta, diría o seguinte:

  • HAI UN TIPO DE RAS QUE SON TRANSPARENTES. ATA LLES PODES VER AS TRIPAS.
  • NON TEÑEN OÍDO PERO NON SON XORDAS.
  • EXISTE UN TIPO DE RA CON CORNOS. A RA CORNUDA DE SURINAM.
  • HAY UN TIPO DE RA QUE BRILLA NA ESCURIDADE.










                                                              RA CORNUDA



Deixovos todos estos videos, que son moi curtos, para que poidades ver todas estas curiosidades das que estamos a tratar.

Vemos, despois de tanta ra, un traballo de lóxica-matemática.


E agora, un pouco de diversión. A ler co mono Sílabo.

E finalmente, aquí vos deixo música para relaxarnos un pouquiño.
Feliz Martes para todos/as.



LUNS, 25 DE MAIO DO 2020

Bos días amiguiños e amiguiñas. Cómo estamos?. Seguro, seguro, que moi ben. Fortes e animados para comezar este luns cun novo traballiño do  noso lapbook. Nesta semana quedará rematado, e despois xa só queda montalo. Haber como nos queda.
Aquí vos deixo a tarefa para hoxe.
Teremos que ir cubrindo con noso lapis as etiquetas e logo recortámolas e gardámolas na caixa de zapatos. O que teñen que dicir as frases é: NINGUNHA RA PODE VIVIR EN AUGA SALGADA/MUDAN A PEL XERALMENTE UNHA VEZ A SEMANA/EXISTE UNHA RA XIGANTE. A RA"GOLIATH", QUE PODE CHEGAR A PESAR 3 KGRS. OU MÁIS.

Pasamos a ver outra folla do noso conto, que está a piques de chegar o seu fín.


 Imos recortar  as seguintes imaxes e pegámolas nesta folla.





Si queredes escribir debaixo o nome de algunhas da imaxes, aquí o deixo para que o copiedes:
POCOYO //  MASHA Y EL OSO // COMO MOLA TU ESCOBA  // O GRÚFALO  // A FILLA DO GRÚFALO.



 E agora a rir, cantar e bailar.