Despois de rematar lembrade poñer o nome, data e os números por detrás da ficha. Cada un da súa cor.
Agora imos a traballar algúns conceptos:
Recortamos estes obxectos a grosso modo e ímolos pegando segundo indica a ficha: dentro, o frente, lonxe e o lado da caixa. Por detrás escribimos o nome de estes catro obxectos: TESOIRAS, PINCEL, LAPIS, MOCHILA. Sempre en maiúsculas e dicíndolles o sonido ( como fala cada letra. Preguntádelles a eles/elas)
E agora a bailar. Xa está ben de traballar: "O baile de gorila"
Ningún comentario:
Publicar un comentario