Para facer esta actividade que vos propoño, terán os nenos e nenas, que debuxar o río Amazonas e logo recortando figuras xeométricas, facer cada un o seu barco, e pegalo despois navegando, para ir atopándonos con anacondas, delfíns rosados, capibaras, caimáns negros....
Fixádevos ben porque a un dos triángulos pasoulle algo, para poder dar forma a este barco.
E, xa que no río estamos, moitos peces podemos atopar neles. Imos contalos e anotar a cantidade abaixo. Lembrade facer cada número da súa cor dacordo as regretas.
Por detrás desta ficha debemos escribilos números, o nome, a data; e con axuda de papá ou mamá, algúns nomes de peixes.
E agora toca ver un video do Amazonas. A tibu indíxena máis numerosa. Os Yanomamis.
Despois de ver o video, podedes caracterizarvos con colares feitos con macarróns e saias feitas con tiras de papel de periódico.. Así pasamos un ratiño divertido e de paso traballamos a pinza dixital e a picomotricidade fina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario