Mirade que obra tan curiosa. Está pintada por KLIMT ( Gustav Klimt). E chámase " EL ÁRBOL DE LA VIDA". Vos deixo un enlace, por si queredes ler máis cousas e contárllelas os nenos/as.
KLIMT E A SÚAS OBRAS.
Outra das obras máis famosas e coñecidas de Klimt é : " El beso". Pero imos a centrarnos nesta árbore tan espectacular que él pintou. Seguro, que si colledes un folio, sodes capaces de pintar igual ca él. Unha árbore con moitas e longas ramas rematadas en caracolas. Tentade facelo e mandádesme a foto por whatsapp. E logo, gardáde a vosa obra de arte ben gardadiña para facer unha exposición, se se puidera, cando xa sexamos os/as maiores de Infantil. jiji.
A esquerda de este cadro, se vos fixades ( no enlace o vedes mellor), hai unha muller que ten un longo vestido con moitos debuxos de triángulos que mesmo semellan as pirámides de Exipto.
Propóñovos que lle faigades vos, as vosas mamás, un vestido semellante todo cheo de triángulos. Os debuxades co lapis e logo os pintades con témpera e pincel. Veredes que alegría se leva a vosa mamá cando vexa un vestido para ela tan, tan "chuli". E facelo sen medo ningún. É a vosa obra de arte; asique, quedarán perfectas.
E se ainda vos quedaron máis gañas de traballar, vedes que no lado dereito do cadro hai un señor abrazando a unha dona, que ten un vestido ben ben longo; ata lle chega os pés. Pois, se queredes facerlle un os vosos papás, seguro que estarán encantados de lucilos nunha estantería do salón, para que todos vexan que grandes artistas estes nenos/as son. Fixádevos que deben ter moitos ovos e ollos de RA.
E xa que de formas xeométricas estamos a falar, deixovos unhos videos para repasar:
KJKJ
A
Imos ver un pouco de LÓXICA-MATEMÁTICA. Déixovos un enlace desde o cal podedes acceder a unha morea de xogos online. Solo tedes que premer nel e... A DIVERTIRSE APRENDENDO.
EXERCICIOS DE MATEMÁTICAS
E DESPOIS DE TANTA LÓXICA UN POUCO DE LINGUA TOCA. Outro enlace para facer un moi bo exercio de conciencia fonolóxica que nos axudará a aprender a ler.
CONCIENCIA FONOLÓXICA
E outro xogo interactivo para xogar cas vogais..
PORQUÉ VOGAL COMEZA
Seguimos a xogar? . Qué tal se o facemos con auga?. En este outro enlace podedes elixir os xogos que máis vos gusten:
XOGOS CON AUGA
ADIVIÑA, ADIVIÑANZA...quen será capaz de adiviñar máis?:
E se en GALEGO as queredes, aquí debaixo que premer tedes:
ADIVIÑAS EN GALEGO
Agora, imos a ver quen é moi observador/a e CAZA O INTRUSO:
Toca EXERCITAR A MEMORIA:
E para rematar, déixovos unhos exercicios para que aprendades a identificar as vosas emocións respostando as preguntas que vos fan:

FELICES VACACIÓNS A TODOS E TODAS. VÉMONOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario