HOXE IMOS A ELABORAR UN XOGO COA AXUDA DE PAPÁ E/OU MAMÁ.
Teremos que dividir varios folios en 4 partes iguais que eles mesmos poderán recortar. Logo, en cada cadrado os nenos e nenas irán escribindo unha letra do abecedario ata telo completado.(As vogais deberán ser varias). Unha vez o teñamos listo, xa podemos xogar a formar palabras sinxelas de 1 ou 2 sílabas. Non máis. Por exemplo: S A P O // P E Z // G A T O // R I O //...
Podemos con SOPA DE LETRAS, formar o propio nome e o nome dos compañeiros/as da clase. O nome dos membros da familia....
Cas tarxetiñas do abecedario tamén podemos xogar o " Memory". Habería que elaborar dous abecedarios.Dámoslle a volta as cartas e hai que atopar as que son iguais. O que consiga máis parellas será o gañador. O premio o decidides vos. Jiji.
Outra maneira de xogar sería, cas cartas deste abecedario colocadas hacia arriba e desordenadas, pedirlles os vosos nenos/as que atopen a letra que vos lle digades.(Recordade, sempre lle decimos o sonido). TES QUE ATOPAR A LETRA " D"; TES QUE ATOPAR A LETRA " P ".....
E UNHA VEZ QUE TEMOS FORMADAS VARIAS PALABRAS, XOGUEMOS AGORA A LELAS. É O NENO/A O QUE LE, NOS AXUDÁMOSLLES.
ÁNIMO FAMILIAS. RESISTIREMOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario